Unha publicación de éxito é aquela onde os contidos e mailo deseño van unidos. Crear un contido de calidade non é dabondo. Primeiro temos que acadar que a xente deteña o seu ollar, seducir a súa mirada. Para iso o deseño é fundamental. En AGALIP contamos con deseñadores, maquetadores, fotógrafos e programadores que comparten esta visión. Xa sexan deseños para papel como para a web o noso obxetivo é o mesmo: deseños atractivos.
En AGALIP entendemos como a tipografía, as cores, as formas, as imaxes ou incluso os espazos en branco interactúan; o que nos axuda a difundir a mensaxe aos nosos lectores.
Os contidos precisan un soporte visual chamativo, cun deseño atractivo e moderno. Os nosos traballos distínguense por ter un deseño actual, sinxelo e funcional.
Deseño de identidade corporativa
Deseño e maquetación de publicacións impresas
Deseño, programación e desenvolvemento de portais Web
© 2008 - 2010 AGALIP | Aviso Legal Contacto Política de Calidade e Medio Ambiente