Informamos

Para AGALIP a información é un dereito e coma tal ten que ser accesible a todos os interesados. Para elo desenvolvemos publicacións para colectivos onde atopamos unha carencia informativa, na procura de ter un impacto positivo na sociedade.

AGALIP dispón dunha equipa altamente cualificada e tamén conta cunha rede de colaboradores de diferentes sectores en varios países. Entre todos somos capaces de transformar calquera información, por complexa que sexa, nunha mensaxe clara e concisa para conectar co noso público obxetivo.

Entendemos a complexidade dos procesos comunicativos. Comunicar está a medio camiño da arte e da ciencia. Difundir información dun xeito efectivo require un coñecemento de todas as fases a seguir, dende a concepción ata a impresión e distribución. Só así podemos acadar o que nós máis valoramos: a calidade do noso traballo.

Dentro de pouco tempo terás nas túas mans algunha das nosas publicacións.

Servizos que ofrecemos

Porque non todo o mundo pode dispor de profesionais da comunicación e do deseño na súa organización. Dar a coñecerse nun mundo globalizado supón novos retos. Nós achegamos o noso saber facer para conseguilo con éxito cubrindo todas as necesidades que poidan xurdir no seo dunha empresa, dunha asociación ou das administracións no tocante á comunicación. Axudamos aos nosos clientes a conectar coa súa audiencia.

Asesoramento

Planificación e desenvolvemento de contidos

Proveedor de contidos para web e prensa

© 2008 - 2010 AGALIP | Aviso Legal Contacto Política de Calidade e Medio Ambiente

WAI-AAA WCAG 1.0